Cartógrafos de emocións

Dende
un lugar chamado Portas

No ano 2000, un grupo de viticultores soñamos o que hoxe en día é Viña Almirante, unha adega conformada por 80 socios e familias que viven por e para o viño.
Inspirámonos no pasado histórico de Portas (Galicia/España) e no legado do xeógrafo Domingo Fontán, un ilustre antepasado da nosa comarca que nos permitiu entender que dende a cartografía emocional poderíamos elaborar viños
descaradamente persoais.

Érase una vez...

Hai historias que merecen un brinde.
Elixe o teu camiño.

A viaxe
que nos une

Cando saír ao mundo non era unha prioridade, fixemos que o fose.
Hoxe en día estamos presentes en máis de 20 países. Emociónanos pensar que en calquera momento e en calquera recuncho do mundo, os nosos viños forman parte da vida dalgunha persoa.
Non hai nada que nos motive máis.

Cartografía emocional

Dende a exploración entendemos a nosa terra, e as nosas plantas. Sempre cremos na particularidade da nosa terra, na natureza e no sentido do esforzo.
Cada día na viña, é unha oportunidade para intentar mellorar a próxima colleita.

Mapa
Emocional

Explora, investiga e decide que viño cres que responde mellor á túa personalidade emocional.

Se o esforzo e a constancia son os teus sinais de identidade, quizais atopes o que andas a buscar.

Para quitar o sombreiro. Tes un instinto de explorador. Es un dos nosos. Cres que non hai nada imposible. O traballo e a perserveranza defínente. Non hai quen me pare. A exploración do corpo humano farache perder a cabeza. Cómo me coñecedes. As uvas aínda están un pouco verdes, pero a túa intuición levarate lonxe. ¿Buscas un código de desconto? Frío Frío. Para os amantes da ironía e do bo gusto. Ese son eu. A túa curiosidade non ten límites, telo todo para atopar o que andas a buscar. As historias máis sorprendentes están baseadas en feitos reais. Play. Es un romántico, sabes que o amor é coma unha planta, hai que regala con devoción. Amén. Tes alma de cartógrafo de emocións. Sigue o teu instinto, levarate a bo porto. Cando o silencio se converte na mellor banda sonora dunha historia. Pausa. Se te sorprenden as historias de ilusión, quizáis deberías coñecer a un “rara avis” entre os da súa categoría. Fantástico.

O sentimento dunha paisaxe

Estamos situados na Peroxa (Portas), no Val do Umia, á beira do río Chaín. Un enclave cunhas condicións xeográficas e meteorolóxicas propias que marcan en boa medida o carácter dos nosos viñedos. Tamén contamos cunha pequena porcentaxe de viñas no corazón do Val do Salnés, unha realidade que nos permite traballar con moitas posibilidades para poder vinificar viños moi persoais.

Racimo

O secreto mellor gardado

Non temos unha fórmula máxica como esa marca na que estás pensando, só traballo, exploración, análise e confianza nas 45 hectáreas de viñedo que temos repartidas por toda unha comarca.
Cada ano é unha aventura, un reto cheo de incerteza, esforzo e garantía; a de que non hai dúas colleitas iguais, e iso, inspíranos.

Unidos
á orixe

Portas, é sinónimo de historia, orixe e cultura.
A de Galicia, e a dos nosos devanceiros.
No século XII, a historia revélanos que o Rei Fernando II de León doou aos monxes cistercienses a primeira plantación de albariño da que se ten constancia, a herdade de ‘Paradisus’, en Santa María de Portas.

Terra
con memoria

Na Idade do Bronce, a terra que hoxe cultivamos foi o fogar de cilenos, máis tarde de romanos, e no Medievo residencia de personaxes ilustres de distintas estirpes.
Sinais de identidade que se manteñen vivas en forma de pedra, monumentos e recordos. Valoramos o noso presente, admirando o noso pasado.

A un paso

Se vives en Galicia, eres un afortunado.
Qué máis poderías querer.
¿Visitarnos nalgún momento?
Se pola contra te atopas en calquera outro lugar do mundo e estás pensando en visitar a nosa terra, non dubides, tomar un viño na nosa adega, marida co mellor plan que poidas imaxinar
nas Rías Baixas.

Va Bodega Ilustracion