Vanidade00 Ilustracion

¿Somos vaidosos por natureza?

Quizais máis do que pensamos. Un caso evidente é o deste viño albariño, orgulloso ata dicir basta. Pérdeo a súa autoestima, pero ampárao o traballo dos viticultores de Viña Almirante; cartógrafos de emocións que exploran e coidan acotío os seus viñedos para poder obter o mellor froito posible. E conségueno. Quizais por iso é vaidoso, porque no fondo sabe que está moi bo.

Vanidade05 Ilustracion

VANIDADE

Variedade: albariño 100% - D.O. Rías Baixas
Subzona: Val do Salnés

‘‘Golosón’’, ‘‘buenorro’’, canón.
Ese é Vanidade, un viño do que nos sentimos especialmente orgullosos. Tanto polas súas propiedades organolépticas e puntuacións de cata, como por ser un adaíl do cambio cultural nos nosos días.

O test máis temido da historia

Vanidade dispara e ti respondes.
Hai que estar moi tolo para enfrontarse ao vanidómetro.
¿Poderás soportar o resultado?

¿ESTÁS SEGURO?

Non hai volta atrás, estás a piques de enfrontarte ao que podería ser o teu peor pesadelo.
Os “haters” afirman que Cristiano Ronaldo non foi capaz de superalo. ¿Qué dis?

VANIDÓMETRO

Vanidade03 Ilustracion
1. Sen rodeos, ¿es guapo/a/e/u/i?
2. ¿Considéraste famoso?
3. ¿Rirse dun mesmo é unha parvada?
4. ¿Cómo de influente es?
5. ¿Gústache dar ou recibir? “Likes”…
6. Espelliño, espelliño.
7.” Selfie”, o meu mellor amigo.
8. ¿Sénteste o rei da festa?
9. A moda, ¿qué é para ti?
10. A autoestima.
/

Foma parte da nosa esencia

Explora, investiga e decide qué viño cres que responde mellor á túa personalidade emocional.
Se o esforzo e a constancia son as túas señas de identidade, quizais atopes un código promocional, algún consello dalgún dos nosos cartógrafos de emocións ou quen sabe qué.

Tamén podes visitarnos