Cartógrafos de emocións
Dende
un lugar chamado Portas
No ano 2000, un grupo de viticultores soñamos o que hoxe en día é Viña Almirante, unha adega conformada por 80 socios e familias que viven por e para o viño.
Inspirámonos no pasado histórico de Portas (Galicia/España) e no legado do xeógrafo Domingo Fontán, un ilustre antepasado da nosa comarca que nos permitiu entender que dende a cartografía emocional poderíamos elaborar viños
descaradamente persoais.
A viaxe
que nos une
Cando saír ao mundo non era unha prioridade, fixemos que o fose.
Hoxe en día estamos presentes en máis de 20 países. Emociónanos pensar que en calquera momento e en calquera recuncho do mundo, os nosos viños forman parte da vida dalgunha persoa.
Non hai nada que nos motive máis.
Cartografía emocional

Dende a exploración entendemos a nosa terra, e as nosas plantas. Sempre cremos na particularidade da nosa terra, na natureza e no sentido do esforzo.
Cada día na viña, é unha oportunidade para intentar mellorar a próxima colleita.
Mapa
Emocional
Explora, investiga e decide que viño cres que responde mellor á túa personalidade emocional.
Se o esforzo e a constancia son os teus sinais de identidade, quizais atopes o que andas a buscar.
O sentimento dunha paisaxe
Estamos situados na Peroxa (Portas), en pleno Val do Salnés, un enclave onde a influencia do Atlántico, a xeografía e o clima moldean en boa medida o carácter das nosas viñas.
Traballar no corazón do Salnés permítenos elaborar viños moi persoais, fieis ao territorio e á súa tradición.
O secreto mellor gardado
Non temos unha fórmula máxica como esa marca na que estás pensando, só traballo, exploración, análise e confianza nas 45 hectáreas de viñedo que temos repartidas por toda unha comarca.
Cada ano é unha aventura, un reto cheo de incerteza, esforzo e garantía; a de que non hai dúas colleitas iguais, e iso, inspíranos.
Unidos
á orixe
Portas é sinónimo de historia e patrimonio. No século XII, o rei Fernando II de León concedeu aos monxes cistercienses a propiedade de ‘Paradisus’ en Santa María de Portas. Un dos primeiros rexistros históricos do cultivo do albariño data dese período.
Terra
con memoria
Na Idade do Bronce, a terra que hoxe cultivamos foi o fogar de cilenos, máis tarde de romanos, e no Medievo residencia de personaxes ilustres de distintas estirpes.
Sinais de identidade que se manteñen vivas en forma de pedra, monumentos e recordos. Valoramos o noso presente, admirando o noso pasado.
A un paso
Se vives en Galicia, eres un afortunado.
Qué máis poderías querer.
¿Visitarnos nalgún momento?
Se pola contra te atopas en calquera outro lugar do mundo e estás pensando en visitar a nosa terra, non dubides, tomar un viño na nosa adega, marida co mellor plan que poidas imaxinar
nas Rías Baixas.

