Cartógrafos de emocións

Exploramos a diario os nosos viñedos.
Traballamos arreo para intentar facer de cada anada a mellor. Inspíranos o traballo dos nosos devanceiros viticultores e o legado do matemático e xeógrafo Domingo Fontán.

Adega

VIÑA ALMIRANTE

Variedade: albariño 100% - D.O. Rías Baixas
Subzona: Val do Salnés

O noso buque insignia, o clásico da adega.
Un albariño monovarietal, elegante, con carácter afroitado, fresco e delicado. Cada ano colleitamos a uva de forma tardía, arriscando, dándolle tempo ao viñedo para que lle proporcione á uva a súa máxima expresión.
A selección na viña é pura artesanía, un traballo coidadoso que culmina na adega cun proceso de maceración pelicular en frío.

Cada día
é unha aventura

A natureza é
o noso fogar

Ava Caino Caja
Adega

VIÑA ALMIRANTE

Variedade: Caíño blanco - D.O. Rías Baixas
Subzona: O Val do Salnés

Un “rara avis” na súa zona xeográfica. Un caíño branco do eido da Capelanía de San Juan. Un traballo persoal, con carácter, procedente dunha parcela que pertenceu ao Conde de Canillas, e máis tarde ao capelán de San José. Un viñedo con historia que cada ano nos agasalla cuns poucos quilos de uva.

Forma parte da nosa esencia

Explora, investiga e decide qué viño cres que responde mellor á túa personalidade emocional.
Se o esforzo e a constancia son as túas señas de identidade, quizais atopes un código promocional, algún consello dalgún dos nosos cartógrafos de emocións ou quen sabe qué.

Tamén podes visitarnos