Fonte de inspiración

A historia fálanos de proezas, de xestas incribles coma o do noso ilustre antepasado, o matemático e xeógrafo Domingo Fontán.
Unha fonte inesgotable de inspiración á que rendemos homenaxe xunto ao seu inseparable compañeiro. A súa vocación agora é nosa, o seu esforzo, un espello ao que mirarse. O mesmo que nos levou a ver que dende a cartografía emocional poderíamos elaborar un viño descaradamente intenso, aromático e persoal.

Maccerato Caja Detalle

Maccerato

Variedade: albariño criomacerado 100% - D.O. Rías Baixas
Subzona: Val do Salnés

Unha historia memorable requería dunha gran homenaxe. Inspirados no carácter, e no esforzo do traballo realizado por Domingo Fontán, xorde Maccerato, un viño con esencia á nosa terra.
O seu equilibrio e complexidade, falan por si mesmos.
O tempo e o coidado empregado en todo o seu proceso de elaboración, tamén.

A orixe lévase dentro

Portas,
"patria del autor"

Domingo Fontán

Hai historias que falan da condición humana, do esforzo e do amor pola terra. En 1834, despois de 20 anos de traballo, o noso ilustre antepasado Domingo Fontán e o seu pequeno cabalo, remataron de materializar a primeira carta xeométrica da súa terra. Esperamos que a súa historia te inspire tanto como a nós.

A carta xeométrica de Galicia

Forma parte da nosa esencia

Explora, investiga e decide qué viño cres que responde mellor á túa personalidade emocional.
Se o esforzo e a constancia son as túas señas de identidade, quizais atopes un código promocional, algún consello dalgún dos nosos cartógrafos de emocións ou quen sabe qué.

Tamén podes visitarnos

Viña Almirante
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.