Ser pioneiro é
moito máis
que ser o primeiro

Cando o renacemento do viño de Portas parecía unha utopía, traballamos para que deixase de selo.
Cando saír ao mundo non era unha prioridade, fixemos que o fose. Cando explorar, mapear e analizar a diario os nosos viñedos nos converteu en cartógrafos de emocións, lembrámonos daqueles que nos inspiraron a crer na actitude como a forza que todo o move.
Ser pioneiro é moito máis que ser o primeiro. É afrontar con determinación todo o que te propoñas.

Pionero Caja Detalle

Pionero

Variedae: albariño 100% - D.O. Rías Baixas
Subzona: Val do Salnés

A exploración e o traballo no viñedo levounos a elaborar viños con personalidades emocionais moi marcadas. Pioneiro, é un claro exemplo no que nos vemos reflectidos. Un viño viaxeiro, valente e intrépido que cada ano segue traspasando fronteiras. Enerxía e paixón, emocións que nos acompañan dende o primeiro día na nosa aventura.

curiosos
por natureza

Ata límites insospeitados

De Nova York a Hong Kong

Sabemos que estades aí, en moitos recunchos do mundo. Grazas por permitirnos sentir que o noso esforzo e traballo acaba por transformarse en momentos irrepetibles, en verdadeiras emocións que nos conectan para sempre.

Forma parte da nosa esencia

Explora, investiga e decide qué viño cres que responde mellor á túa personalidade emocional.
Se o esforzo e a constancia son as túas señas de identidade, quizais atopes un código promocional, algún consello dalgún dos nosos cartógrafos de emocións ou quen sabe qué.

Tamén podes visitarnos